Decembro 2023
Lu Ma Xo Ve Do
ACTUALIDADE

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria celebrada o 26 de xuño de 2023, aprobou as Bases reguladoras da convocatoria de cesión de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas (adestramentos) e actividades físicas durante a tempada 2023-2024.

Para a presentación das solicitudes deberanse cubrir os formularios que figuran nos trámites establecidos na Sede Electrónica do Concello de Santiago:

No día de hoxe, mércores 14 de xuño, publicouse no BOP da Coruña o extracto do acordo do 5 de xuño de 2023 da Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela polo que se aproba a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao fomento do deporte federado ano 2023.

O prazo para presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir desta publicación no BOP, é dicir, do 15 ao 29 de xuño, ambos inclusive.

O mércores 14 de xuño, ás 12,30 h. celebrouse no Salón de Plenos do Concello o sorteo para a adxudicación das 18 prazas do Concello de Santiago para participar nos Campamentos Deportivos Verán 2023 da Deputación da Coruña, na quenda do 16 ao 21 de xullo.

A Deputación da Coruña adxudicoulle ao Concello de Santiago 18 prazas para participar nos Campamentos Deportivos 2023, na quenda 3, do 16 ao 21 de xullo.

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS VERÁN 2023 da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña adxudicoulle ao concello de Santiago de Compostela 18 prazas para o Campamento Deportivo de Verán na 3ª quenda (do 16 ao 21 de xullo), na que poderán participar as rapazas e rapaces empadroados en Santiago e que teñan entre 9 e 14 anos cumplidos (nacidos entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2014).