Mér, 14 Xuño, 2023-14:00
O mércores 14 de xuño, ás 12,30 h. celebrouse no Salón de Plenos do Concello o sorteo para a adxudicación das 18 prazas do Concello de Santiago para participar nos Campamentos Deportivos Verán 2023 da Deputación da Coruña, na quenda do 16 ao 21 de xullo.
Os adxudicatarios das prazas deberán poñerse en contacto co Departamento de Deportes no teléfono 981 528 730 para confirmar que lles interesa a praza e facilitar un enderezo de correo electrónico para que poidan ser informados da documentación que teñen pendente de aportar, facilitarlles o número de conta no que deberán facer o ingreso correspondente ao importe da actividade, etc…