CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO FOMENTO DO DEPORTE FEDERADO ANO 2023

Mér, 14 Xuño, 2023-14:00

No día de hoxe, mércores 14 de xuño, publicouse no BOP da Coruña o extracto do acordo do 5 de xuño de 2023 da Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela polo que se aproba a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao fomento do deporte federado ano 2023.

O prazo para presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir desta publicación no BOP, é dicir, do 15 ao 29 de xuño, ambos inclusive.

As solicitudes presentaranse na sede electrónica do Concello de Santiago (sede.santiagodecompostela.gal), no trámite “Solicitude de subvención”.

Tamén poderán presentarse por calquera dos medios regulados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Publicación no BOP

Bases da convocatoria

Formulario de solicitude

Febreiro 2026
Lu Ma Xo Ve Do