Actualidade

O xoves 22 de decembro, ás 14,00 h. celebrouse no Salón Verde do Concello o sorteo para a adxudicación das 23 prazas do Concello de Santiago para participar na Campaña de Neve 2023 que a Deputación da Coruña organiza na Estación Invernal de Valgrande-Pajares, na quenda do 3 ao 6 de febreiro de 2023.

O Concello de Santiago dispón de 23 prazas para participar na Campaña de Neve que a Deputación da Coruña organiza na estación invernal de Valgrande-Pajares, na quenda do 3 ao 6 de febreiro de 2023.
Rematado o prazo de preinscrición, e habendo máis solicitudes ca prazas, realizarase un sorteo público o xoves 22 de decembro, ás 14 horas no Salón de Plenos do Concello.
O resultado do sorteo publicarase nesta web.

A Deputación Provincial da Coruña organiza unha CAMPAÑA DE NEVE na estación invernal de VALGRANDE-PAJARES na que poderán participar os nenos/-as empadroados nun concello da provincia de A Coruña, de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2022). Terán prioridade os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación.
No día de hoxe, mércores 5 de outubro, publicouse no BOP da Coruña o extracto do acordo do 29 de setembro de 2022 da Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela polo que se aproba a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao fomento do deporte federado ano 2022.
O prazo para presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir desta publicación no BOP, é dicir, do 6 ao 20 de outubro, ambos inclusive.
A partir do 27 de setembro a reserva das instalacións deportivas para "uso libre", é dicir ─partidos, xogos deportivos e práctica deportiva en xeral desenvolvida por persoas físicas e non profesionais─ poderá realizarse ON-LINE a través da web do Concello de Santiago.