CAMPAMENTOS DEPORTIVOS VERÁN 2023 da Deputación da Coruña
A Deputación da Coruña adxudicoulle ao concello de Santiago de Compostela 18 prazas para o Campamento Deportivo de Verán na 3ª quenda (do 16 ao 21 de xullo), na que poderán participar as rapazas e rapaces empadroados en Santiago e que teñan entre 9 e 14 anos cumplidos (nacidos entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2014).
A estancia e manutención será na residencia que ten a Deputación da Coruña no IES Rosalía Mera (Rúa Archer Milton Huntington, 24 A Coruña)
Para poder acceder ás prazas do Concello de Santiago haberá que estar empadroado (farase a oportuna comprobación no padrón de habitantes) e presentar a seguinte documentación:
- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai e a nai, ou de ser o caso, polo titor.
- Fotocopia do carnet de identidade ou libro de familia
- Copia do aboamento da cota de inscrición 85 € (cando a praza estea confirmada e no número de conta dado pola Deputación e publicado na súa web).
- No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, axuntarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.
Esta documentación poderá presentarse:
® Na sede electrónica do Concello de Santiago (sede.santiagodecompostela.gal) no trámite “Inscrición en actividades”
® No Rexistro Xeral do Concello (de luns a venres, de 9,00 a 13,00 h.)
A data límite de presentación de inscricións remata o 7 de xuño de 2023.
Terán preferencia os/as rapaces/as que non participasen nos campamentos deportivos de verán da Deputación en edicións anteriores.
No suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas pola Deputación, realizarase, entre o 8 e o 14 de xuño, un sorteo público diante do Secretario do Concello para adxudicar as prazas.
Tríptico informativo + ficha de inscrición
Máis información:
Departamento Municipal deDeportes: 981 52 87 30
Web da Deputación da Coruña: www.dacoruna.gal/deportes