NOTICIAS DE DEPORTE SANTIAGO

A partir do 27 de setembro a reserva das instalacións deportivas para "uso libre", é dicir ─partidos, xogos deportivos e práctica deportiva en xeral desenvolvida por persoas físicas e non profesionais─ poderá realizarse ON-LINE a través da web do Concello de Santiago.

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE CESIÓN DE USOS DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS (ADESTRAMENTOS) E ACTIVIDADES FÍSICAS DURANTE A TEMPADA 2022-2023

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria celebrada o 20 de xuño de 2022,  aprobou as Bases reguladoras da convocatoria de cesión de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas (adestramentos) e actividades físicas durante a tempada 2022-2023.

O mércores 25 de maio, ás 14,15 h. celebrouse no Salón Verde do Concello o sorteo para a adxudicación das 20 prazas do Concello de Santiago para participar nos Campamentos Deportivos Verán 2022 da Deputación da Coruña, na quenda do 26 de xuño ao 1 de xullo.

A Deputación da Coruña adxudicoulle ao Concello de Santiago 20 prazas para participar nos Campamentos Deportivos 2022, na quenda 1, do 26 de xuño ao 1 de xullo.

Como o número de solicitudes presentadas supera ao de prazas concedidas, farase un sorteo público diante do Secretario Xeral do Pleno, o vindeiro mércores 25 de maio, ás 14.00 horas, no Salón Verde do Concello.

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS VERÁN 2022 da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña adxudicoulle ao concello de Santiago de Compostela 20 prazas para o Campamento Deportivo de Verán na 1ª quenda (do 26 de xuño ao 1 de xullo), na que poderán participar as rapazas e rapaces empadroados en Santiago e que teñan entre 9 e 14 anos cumplidos (nacidos entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013).

A estancia e manutención será no IES Rosalía Mera (Rúa Archer Milton Huntington, 24  A Coruña)

 

Apertura do prazo de solicitude de instalacións deportivas municipais para o desenvolvemento de actividades, programas, campionatos e outro tipo de eventos deportivos, en xeral, a realizar durante o período do 20 de xuño ao 15 de xullo de 2022, ambos inclusive.

O período oficial de solicitude estará aberto ata o 30 de abril de 2022

O venres 17 de decembro, ás 14,00 h. celebrouse no Salón de Plenos do Concello o sorteo para a adxudicación das 25 prazas do Concello de Santiago para participar na Campaña de Inverno 2022 que a Deputación da Coruña organiza na Estación Invernal de Valgrande-Pajares, na quenda do 28 ao 31 de xaneiro.

O Concello de Santiago dispón de 25 prazas para participar na Campaña de Neve que a Deputación da Coruña organiza na estación invernal de Valgrande-Pajares, na quenda do 28 ao 31 de xaneiro de 2022.

Rematado o prazo de preinscrición, e habendo máis solicitudes ca prazas, realizarase un sorteo  público o venres 17 de decembro, ás 14 horas no Salón de Plenos do Concello.

 O resultado do sorteo publicarase nesta web.

A Deputación Provincial da Coruña organiza unha CAMPAÑA DE NEVE na estación invernal de VALGRANDE-PAJARES na que poderán participar os nenos/-as empadroados nun concello da provincia de A Coruña, de 12 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2021). Terán prioridade os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación.

No día de hoxe, luns 20 de setembro, publicouse no BOP da Coruña o extracto do acordo do 13 de setembro de 2021 da Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela polo que se aproban as bases e convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado ano 2021.

O prazo para presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir desta publicación no BOP, é dicir, desde o 21 de setembro ata o 5 de outubro, ambos inclusive.

Setembro 2023
Lu Ma Xo Ve Do