Ven, 19 Xuño, 2020-14:00
Co fin de poñer en funcionamento as INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS (Pavillóns, Campos de Fútbol, Pistas de Atletismo,…) para a vindeira tempada, ponse en coñecemento de todas as entidades que teñan previsto participar en actividades de carácter periódico (principalmente as de competición federada e as vinculadas aos centros de ensino) e que estean interesadas no uso das devanditas instalacións, que o prazo oficial de solicitude estará aberto do venres 19 de xuño ao luns 6 de xullo (ambos inclusive)