Lun, 26 Agosto, 2019-14:00
No día de hoxe, luns 26 de agosto, publicouse no BOP da Coruña o extracto do acordo do 5 de agosto de 2019 da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela polo que se aproban as bases e convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado ano 2019.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir da publicación no BOP, é dicir, desde o 27 de agosto ata o 16 de setembro, ambos inclusive (por ser o 15 de setembro día inhábil).
As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concelllo (Rúa Presidente Salvador Allende, 4 Baixo) e no Rexistro Auxiliar do Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16). Horario de verán: de luns a venres de 9,00 13,00 h.