Vie, 13 Diciembre, 2019-13:00
O Concello e Santiago dispón de 20 prazas para participar na Campaña de Inverno que a Deputación da Coruña organiza na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, na quenda do 31 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2020.
Rematado o prazo de inscrición, hai máis solicitudes ca o número de prazas que asignou a Deputación, polo que está previsto que se realice un sorteo público o luns 16 de decembro, ás 14 horas no Salón de Plenos do Concello.
O resultado do sorteo publicarase nesta web.