
A Xunta de Goberno deu o visto bo este luns a unha modificación de crédito, por un importe total de 182.019 euros, procedentes de baixas por anulación, para o financiamento de varias obras de mellora en instalación deportivas do municipio. Este cambio orzamentario será sometido á aprobación do Pleno este vindeiro xoves.
Dunha parte, habilítase un crédito extraordinario de 80.000 euros para o acondicionamento da praza de acceso ao campo de fútbol de Santa Isabel. Doutra parte, aprobase un suplemento de crédito, por 102.019 euros para destinar a varias intervencións urxentes: substitución da rede de fontanería do Estadio Municipal de San Lázaro; pulido e vernizado da tarima de parqué do pavillón de Fontiñas; mellora da iluminación dos campos de fútbol de Villestro e Belvís; e subministración de desfibriladores para varias instalacións deportivas municipais.