Jue, 25 Junio, 2020-14:00

Nunha sesión extraordinaria celebrada este xoves, a Xunta de Goberno Local aprobou o expediente e abriu o procedemento para adxudicar as obras de renovación do campo de fútbol das Cancelas.
En canto ao campo das Cancelas, o Concello acometerá a renovación do céspede sintético e do peche perimetral do recinto. O tipo de licitación é de 439.999 euros (IVE incluído).
Tamén en materia de Deportes, a XGL acordou a continuidade do actual servizo de limpeza e desinfección de dispositivos de auga quente sanitaria e auga fría de consumo humano para o control e prevención da contaminación por lexionela nas instalacións deportivas municipais. A prórroga fíxase por un prazo estimado de tres meses, mentres se procede á adxudicación dun novo contrato.