Aviso de peche dos arredores do Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro

Lun, 07 Diciembre, 2020-13:00

O vindeiro martes 8 de decembro, con motivo do "XIX Ciclocross Cidade de Santiago", os arredores do Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro (incluíndo a zona dos soportais do estadio) permanecerán pechados ao público.

O horario de peche será de 8.00 h a 15.00 h.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Febrero 2026
Lu Ma Mi Ju Vi Do