Actualidad

23/06/2017

O venres 23 de xuño, ás 13,05 h. celebrouse no Salón de Plenos do Concello o sorteo para a adxudicación das 18 prazas para participar no Campamento Deportivo que a Deputación da Coruña organiza nas instalacións do Centro Residencial Docente da Coruña, na quenda do 26 de agosto ao 1 de setembro.

22/06/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada do presidente e da secretaria da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Picó e Susana Fiuza, presentou esta mañá os detalles da IV Jamboree Minibasket que se celebra dende hoxe e ata o domingo 25 de xuño.

21/06/2017

 A Deputación da Coruña adxudicoulle ao Concello de Santiago 18 prazas para participar no Campamento Deportivo, na quenda 1, do 26 de agosto ao 1 de setembro.

20/06/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá o II Memorial Antonio Bermúdez, organizado polo Concello e a Escola Deportiva Santiago. Na rolda estivo acompañada polo presidente da mesma, Santiago Araújo; o director técnico do torneo, Óscar Vilariño; e o fillo do coñecido locutor homenaxeado, Toño Bermúdez.

20/06/2017

A concelleira Concha Fernández, xunto con outros membros da Corporación, recibiu no salón vermello de Raxoi os integrantes da Peña Ciclista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, ao concluír unha nova edición da súa ciclomarcha a Compostela.