Noticias de Deporte Santiago

16/01/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá a Concentración de Escolas Galegas de Rugby que se celebrará este sábado 21 de xaneiro no Pavillón de Santa Isabel. Na rolda estivo acompañada polo presidente e vicepresidente da Asociación Valentes, Diego Pagnotta e Fernando Pérez, e por Isabel Fernández, nai e adestradora.

12/01/2017

A Deputación Provincial da Coruña organiza unha CAMPAÑA DE ESQUÍ na estación invernal de LEITARIEGOS na que poderán participar os nenos/-as nados nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006.

02/01/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada do secretario da Escola de Xadrez Compostela, Marco Porto, e do xadrecista Alejandro Cereijo presentou esta mañá o torneo que a Escola celebra mañá martes a partir das 16:30 horas, en Área Central, como unha actividade máis deste Nadal.

29/12/2016

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou as obras que se están a acometer en cinco instalacións deportivas municipais con cargo ao remanente de tesourería do 2016, que suman un investimento de 165.313 euros. Segundo indicou, "trátase de facer fronte ás deficiencias que presentan as instalacións deportivas municipais dende hai anos e que cómpre ir solucionando".

29/12/2016

A concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada do seu homólogo en Teo, Jorge Carballido, e dos presidentes das asociacións Valentes e Santiago Rugby Club, Diego Pagnotta e José Pérez, e do secretario da asociación CDU Rugby Santiago Veteranos, Víctor Arce, deron a coñecer esta mañá o novo Clúster Rugby en Compostela.

26/12/2016

O alcalde saudou esta mañá as/os participantes no VI Campus de Fútbol Vero Boquete, que se celebra ata o mércores en varias instalacións deportivas municipais. Martiño Noriega estivo acompañado pola concelleira de Deporte, Noa Morales.

20/12/2016

Quedan tan só 11 días para a última proba deportiva do ano, a popular San Silvestre compostelá, que se celebrará o próximo 31 de decembro a partir das 18:00 horas, con saída única para as categorías de escolares e persoas adultas. Así o anunciaron en rolda de prensa a concelleira de Deporte, Noa Morales, e o delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín.

20/12/2016

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio de licitación das obras de mellora do Estadio Multiúsos de San Lázaro, presupostadas en 601.881,18 euros e cun prazo de execución de seis meses. As empresas interesadas teñen un prazo de 26 días naturais para presentar as súas ofertas, a contar a partir de mañá. As obras teñen como obxectivo corrixir o deterioro do recinto deportivo, que sofre problemas de corrosión e humidades en moitos dos seus elementos, desprendemento de material en vigas e piares e problemas en zonas da cuberta.

04/12/2016

O alcalde compostelán, Martiño Noriega, presidiu no Auditorio de Galicia a gala de entrega dos premios do V Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago, CorreSan 2016.

Páginas