NOTICIAS DE DEPORTE SANTIAGO

No día de hoxe, mércores 26 de agosto, publicouse no BOP da Coruña o extracto do acordo do 3 de agosto de 2020 da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela polo que se aproban as bases e convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado ano 2020.

O prazo para presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir desta publicación no BOP, é dicir, desde o 27 de agosto ata o 15 de setembro, ambos inclusive.

 As solicitudes poderán presentarse:

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria deste luns, aprobou a convocatoria de subvencións para o fomento do deporte federado correspondente ao exercicio 2020. Tamén se deu o visto bo ás renovacións e novas autorizacións das hortas municipais de Fontiñas-Cotaredo e adxudicáronse as obras de acondicionamento interior do xacemento do Castelo da Rocha Forte.

O Torneo de Chave das Festas do Apóstolo 2020 celebrarase na Alameda de Santiago de Compostela o xoves 16 de xullo, o venres 17 de xull e o sábado 18 de xullo. Este evento conta cun protocolo polo que se establecen as medidas xerais para o seu desenvolvemento.

O Protocolo para a reapertura das instalacións deportivas municipais de Santiago de Compostela foi actualizado e xa está dispoñible para consulta e descarga.

Nunha sesión extraordinaria celebrada este xoves, a Xunta de Goberno Local aprobou o expediente e abriu o procedemento para adxudicar as obras de renovación do campo de fútbol das Cancelas. 

A Xunta de Goberno deu o visto bo este luns a unha modificación de crédito, por un importe total de 182.019 euros, procedentes de baixas por anulación, para o financiamento de varias obras de mellora en instalación deportivas do municipio. Este cambio orzamentario será sometido á aprobación do Pleno este vindeiro xoves.

Co fin de poñer en funcionamento as INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS (Pavillóns, Campos de Fútbol, Pistas de Atletismo,…) para a vindeira tempada, ponse en coñecemento de todas as entidades que teñan previsto participar en actividades de carácter periódico  (principalmente as de competición federada e as vinculadas aos centros de ensino) e que estean interesadas no uso das devanditas instalacións, que o prazo oficial de solicitude estará aberto do venres 19 de xuño ao luns 6 de xullo (ambos inclusive)

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de aprobar o protocolo FISICOVID-DXTGALEGO polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, visitaron este martes as tres pistas de pádel semicubertas de Sar, que onte se puxeron a disposición dos usuarios e usuarias tras ser cambiado o seu céspede artificial.

Compartimos convosco as normas de uso dos pillons deportivos municipais durante a desescalada do coronavirus Covid-19. É moi importante lelas con atención:

Febreiro 2024
Lu Ma Xo Ve Do