Noticias de Deporte Santiago

16/03/2018

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou este venres a I Milla Urbana "Portas de Compostela", que se celebrará en Santiago o vindeiro 8 de abril. Na rolda tamén estiveron o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o delegado desta Federación en Santiago, Iván Sanmartín; e o presidente do Club Atletismo Santiago, Alfonso López Menduiña.

16/03/2018

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela do 16 ao 17 de febreiro de 2018.

14/03/2018

Debido á mala climatoloxía que temos no día de hoxe, mércores 14 de marzo, suspéndense as actividades de todos os campos de fútbol municipais e das Pistas de Atletismo do Estadio de San Lázaro. 

14/03/2018

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá a concentración de escolas de rugby de Galicia, que terá lugar este sábado en Santa Isabel. Na rolda estivo acompañada por Betty Álvarez, presidenta da Asociación Valentes; María Esperanza Fernández, representante do CDU Rugby Santiago Veteranos, e José Pérez de Vallejo, presidente do Santiago Rugby Club.

12/03/2018

Este martes abriuse a inscrición para participar na cuarta edición da carreira nocturna SantYaGo10K, que se celebrará o sábado 28 de abril ás 22:00 horas. Este ano, a proba está encadrada no I Circuíto de Carreiras Cidades Patrimonio da Humanidade. Entre as novidades desta edición figura un servizo de gardería de balde.

09/03/2018

Á vista da alerta metereolóxica prevista para esta fin de semana, especialmente para a madrugada do domingo 11, considérase oportuno proceder ao peche dos campos de fútbol municipais durante toda a xornada do domingo co fin de evitar situacións innecesarias de risco para os/as deportistas.

23/02/2018

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela do 23 ao 25 de febreiro de 2018.

15/02/2018

O pavillón municipal de Santa Isabel acolle este sábado o XVII Campionato Galego de Grupos Show para Grandes e Pequenos de Patinaxe Artística. O evento está organizado polo Club Deportivo Fontiñas e contará coa participación de case 250 patinadores e patinadoras de toda Galicia.

09/02/2018

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela do 9 ao 11 de febreiro de 2018.

Páxinas