Noticias de Deporte Santiago

A concelleira de Deportes, Noa Morales, fixo balance en rolda de prensa dos investimentos e das principais actividades desenvolvidas polo Departamento de Deportes no ano 2018.
Apertura do prazo de solicitude de instalacións deportivas municipais para o desenvolvemento de actividades, programas, campionatos e outro tipo de eventos deportivos, en xeral, a realizar durante o período de 10 de xuño a 7 de xullo e do 19 de agosto ao 8 de setembro, ambos inclusive.
O prazo de solicitude será do 4 ao 31 de marzo, ambos inclusive

No día de onte a Concelleira de Deportes, Noa Morales, presentou en rolda de prensa os PREMIOS SANTIAGO DEPORTE 2018 que se entregarán nunha gala o vindeiro 7 de marzo.
O martes 15 de xaneiro, ás 14,00 h. celebrouse no Salón de Plenos do Concello o sorteo para a adxudicación das 22 prazas do Concello de Santiago para participar na Campaña de Inverno 2019 que a Deputación da Coruña organiza na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda, na quenda do 25 ao 28 de xaneiro.
O Concello e Santiago dispón de 22 prazas para participar na Campaña de Inverno que a Deputación da Coruña organiza na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, na quenda do 25 ao 28 de xaneiro de 2019.
Rematado o prazo de inscrición, hai máis solicitudes ca o número de prazas que asignou a Deputación, polo que está previsto que se realice un sorteo público o martes 15 de xaneiro, ás 14 horas no Salón de Plenos do Concello.
O resultado do sorteo publicarase nesta web.

A Deputación Provincial da Coruña organiza unha CAMPAÑA DE INVERNO na estación invernal de CABEZA DE MANZANEDA na que poderán participar os nenos/-as empadroados nun concello da provincia de A Coruña, de11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2019). Terán preferencia os/as rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación.

Como cada semana, compartimos o cadro de actividades deportivas en Compostela. Este abarca do 28 ao 31 de decembro de 2018.

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá os detalles do Campionato Galego de Inverno de Natación, que acollerá a piscina de Santa Isabel os días 28, 29 e 30 de decembro. Na rolda estivo acompañada polo presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño, e polo presidente do Club de Natación Cidade de Santiago, José Rioseco.

A concelleira de Deporte, Noa Morales, visitou este xoves a oitava edición do Campus Vero Boquete, que dirixe a futbolista compostelá dende onte e ata o día de mañá nas instalacións de Santa Isabel, Don Bosco e campo do Sergas.

Como cada semana, compartimos o cadro de actividades deportivas en Compostela do 21 ao 23 de decembro de 2018.