Noticias de Deporte Santiago

16/01/2020

Debido á alerta laranxa decretada por Aemet para o día de hoxe, xoves 16 de xaneiro, suspéndense as actividades de todos os campos de fútbol municipais e do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (pistas de atletismo e ximnasio).

 

Os pavillóns polideportivos, nun principio, manteñen a súa actividade ordinaria.  

 

18/12/2019

Debido á alerta laranxa decretada por Aemet para o día de hoxe, mércores 18 de decembro, suspéndense as actividades de todos os campos de fútbol municipais e do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (pistas de atletismo e ximnasio).

 

Os pavillóns polideportivos, nun principio, manteñen a súa actividade ordinaria.  

17/12/2019

A Xunta de Goberno da Cidade de Santiago, na súa sesión ordinaria celebrada o 16 de decembro de 2019, aprobou as bases dos Premios Santiago Deporte para o ano 2019.

Documentos relacionados:

-         Bases reguladoras dos Premios Santiago Deporte 2019

-         Anexo 1. Proposta candidatura.

17/12/2019

O martes 17 de decembro, ás 14,05 h. celebrouse no Salón Verde do Concello o sorteo para a adxudicación das 20 prazas do Concello de Santiago para participar na Campaña de Inverno 2020 que a Deputación da Coruña organiza na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda, na quenda do 31 de xaneiro ao 3 de febreiro.

Resultado do sorteo

Acta do sorteo

16/12/2019

Debido a razóns de forza maior, o sorteo previsto para hoxe ás 14,00 h. non se puido realizar.

 

O sorteo público terá lugar mañá, martes 17 de decembro, ás 14 horas, no salón de Plenos do Concello.

 

O resultado do sorteo publicarase nesta web.

13/12/2019

O Concello e Santiago dispón de 20 prazas para participar na Campaña de Inverno que a Deputación da Coruña organiza na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, na quenda do 31 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2020.

 

Rematado o prazo de inscrición, hai máis solicitudes ca o número de prazas que asignou a Deputación, polo que está previsto que se realice un sorteo público o luns 16 de decembro, ás 14 horas no Salón de Plenos do Concello.

 

O resultado do sorteo publicarase nesta web.

26/11/2019

Debido á alerta laranxa decretada por MeteoGalicia para a tarde de hoxe, martes 26 de novembro, SUSPÉNDENSE AS ACTIVIDADES DE TODOS OS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS E DAS PISTAS DE ATLETISMO DO ESTADIO VERÓNICA BOQUETE DE SAN LÁZARO.  

12/11/2019

A Deputación Provincial da Coruña organiza unha CAMPAÑA DE INVERNO na estación invernal de CABEZA DE MANZANEDA na que poderán participar os nenos/-as empadroados nun concello da provincia de A Coruña, de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2020). Terán preferencia os/as rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación.

 

26/08/2019

No día de hoxe, luns 26 de agosto, publicouse no BOP da Coruña o extracto do acordo do 5 de agosto de 2019 da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela polo que se aproban as bases e convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado ano 2019.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir da publicación no BOP, é dicir, desde o 27 de agosto ata o 16 de setembro, ambos inclusive (por ser o 15 de setembro día inhábil).

12/07/2019

RESULTADOS DA COMPETICIÓN DO 12 DE XULLO

Baloncesto masculino

SANTIAGO

 55

 24

V.N. GAIA  

A selección de Santiago obtivo o 5º posto.

 

Baloncesto femenino 

Páxinas