Noticias de Deporte Santiago

10/10/2018

Chega unha nova carreira do circuíto Corresan, desta vez cunha das probas máis tradicionais do circuíto como é a da Ruta da Prata-Angrois. Será este sábado a partir das 18.00 horas cun percorrido de arredor de 5,2 km para os adultos, 2,4 para sub 16 e 14 e de 1,2 para sub 12 e sub 10.

09/10/2018

O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu hoxe a recepción ás entidades participantes na segunda edición da Festa do Deporte, que se celebrou a fin de semana do 28 e 29 de setembro en Santa Isabel e o parque de Galeras.

05/10/2018

Compartimos o cadro de actividades deportivas en Compostela do 5 ao 7 de outubro de 2018.

29/09/2018

O Parque Eugenio Granell acollerá este domingo, 30 de setembro, a II Andaina e Carreira Solidaria Tras-Ril-San, organizada por esta Asociación Galega de Transplantados de Ril. A proba, apadriñada polo atleta compostelán Pedro Nimo, conta xa con máis de 150 persoas inscritas.

28/09/2018

A concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada do presidente da sección de montaña do Club Deportivo Fontiñas, Iñaki Bilbao, e da coordinadora de Unicef Comité Galicia, Irene Marín, deu conta hoxe dos detalles da edición número XVII da Camiñada ao Pedroso, que terá lugar o vindeiro domingo 7 de outubro ás 10:00 horas. Un ano máis, o recadado irá para Unicef.

26/09/2018

A concelleira de Deporte, Noa Morales, deu conta esta mañá de todos os detalles da segunda Festa do Deporte, que se celebrará en varias localizacións de Compostela o venres 28, de 10:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 20:30 horas, e o sábado 29, de 10:30 a 14:30 horas. Na rolda estivo acompañada polo piloto de rallys, Luis Penido e por Alba Torres, xogadora do Victoria FC.

21/09/2018

Compartimos o cadro de actividades deportivas en Compostela do 21 ao 23 de setembro de 2018.

19/09/2018

Chega a segunda edición do programa Coñece o squash, desenvolvido por primeira vez o pasado curso nos centros escolares de Santiago. Trátase dunha proposta da Federación Galega de Squash e do Concello, presentada este mércores pola concelleira de Deporte, Noa Morales, e polo presidente da Federación Galega de Squash, Carlos Noya.

14/09/2018

Compartimos o cadro de actividades deportivas en Compostela do 14 ao 16 de setembro de 2018.

13/09/2018

A edila de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá o I Torneo Internacional Feminino de Fútbol Gaélico, que se celebrará este sábado a partir das 15:30 horas no campo municipal das Cancelas. Na rolda estivo acompañada polo presidente do Estrela Vermelha, Brais Prieto, e polas xogadoras Ánxela Estévez e Uxía Castro.

Páxinas