Noticias de Deporte Santiago

08/12/2012 a 09/12/2012

A cidade da Coruña organiza o “I TORNEO INTERNACIONAL EIXO ATLÁNTICO HOCKEI PATÍNS” na categoría sub-17 durante os días 8 e 9 de decembro.


Unha selección de Santiago participará neste torneo encadrada no grupo B xunto co Travesas de Vigo e FC Porto.


Os partidos disputaranse no Pavillón de Monte Alto na fase de grupos e os cruces terán lugar no Pavillón municipal de Riazor.

27/11/2012 a 31/05/2013

Comenza un novo curso do Programa de Natación Escolar "Á AUGA PATOS", programa de gran tradición e aceptación na nosa Cidade e que se desenvolve, mediante un convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Empresa Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos S.L., nas piscinas Fontes de Sar.

25/11/2012

O mellor do ciclocross galego reuniuse no XI Trofeo de Ciclocross Cidade de Santiago, celebrado na Granxa do Xesto, nas categorías elite, sub-19, master 30, 40 e 50, júnior, cadete, féminas e sénior.


Os corredores deberon botar a bicicleta ao lombo nalgúns puntos do circuíto de máis de 2 quilómetros de lonxitude no Monte Pedroso, proba da dureza do mesmo. Mais de 200 corredores participaron na proba.

25/11/2012

O próximo día 25 de novembro terá lugar na Granxa do Xesto o XI Trofeo de Ciclocrós Cidade de Santiago. A carreira comezará ás 10:30 horas e ten previsto finalizar ás 14:00. Contará cuns 200 corredores. Está organizada polo club Ciclista Muebles Compostela

08/11/2012

Dende o Departamento de Deportes do Concello de Santiago queremos dar a benvida ó panorama deportivo Compostelán ao Club de Atletismo Fontes do Sar. Este club de atletismo nace hai tres anos, cando despois de moitas quedadas dun grupo de amigos amantes das carreiras e da actividade física que adestraban xuntos na instalación municipal de Sar deciden federarse e agruparse como club. Neste curto período de tempo incrementaron exponencialmente o número de licencias tendo agora mesmo aproximadamente cen persoas no club.

03/11/2012

O pasado sábado día 3 de novembro no Pavillón do Restollal tivo lugar a posta de longo do Club Balonmán Ribadosar. No seu primeiro ano, conta nas súas distintas escolas con máis de setenta nenos/as aos que motiva e forma na práctica deste deporte. Cos seus cinco equipos federados, un benjamín, dous alevíns a nivel provincial, e infantil e cadete a nivel autonómico, o Club Balonmán Ribadosar representará á nosa capital esta tempada por toda a xeografía galega.

26/10/2012 a 27/10/2012

XXII Xornadas da Asociación Galega de Medicina do Deporte. Dirixidas polo profesor J Couceiro Follente, terán lugar na Facultade de Medicina- Aula Castelao o venres día26 e o sábado 27 de Outubro . Podedes consultar máis información sobre as ponencias e inscricións no apartado actividades desta páxina web

07/10/2012

O 7 de Outubro conmemórase o Día Mundial do Karate. Con este motivo, a Agrupación Deportiva Galaika, en colaboración co Departamento de Deportes do Concello de Santiago e a Federación Galega de Karate, organiza unha xornadas de promoción deste deporte co obxectivo de que poidan coñecelo todas aquelas persoas interesadas na súa práctica.

19/09/2012

Dende o Departamento de Deportes do Concello de Santiago queremos facer unha homenaxe a este vehículo tan popular e entrañable para pequenos e maiores polo que presentamos o XXII Día da Bicicleta que terá lugar o próximo día 7 de outubro.

Non se trata dunha competición, é simplemente o feito de sacar a bici para pasear polas rúas de Santiago nunha xornada de convivencia e lecer. O domingo día 7 de outubro dende as 11 da mañá temos unha cita coa bicicleta.

18/06/2012

É un pracer presentarvos o “I Circuíto de carreiras saudables CorreSAN, un programa de probas de carreiras a pé organizadas pola Federación Galega de Atletismo en colaboración có Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación  sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.

Páxinas