Noticias de Deporte Santiago

28/01/2013 a 22/02/2013

A Diputación da Coruña publicou o pasado 17 de decembro no BOP a "Convocatoria de programas de apoio ó deporte xeral e federado dirixidos a entidades para actividade e investimentos durante o ano 2013".


O prazo para presentar solicitudes remata o 22 de febreiro.


Pódense consultar as bases da convocatoria no seguinte enlace: Convocatoria Deputación Provincial da Coruña 

26/01/2013

O día 26 de xaneiro terá lugar no pabellón de Santa Isabel de Santiago de Compostela o Campionato de España de Fútbol Sala para Sordos 2013.


O campionato está organizado polo CSD Compostela de Sordos e conta coa colaboración, entre outros, do Concello de Santiago de Compostela e da Federación Galega de Deportes para Xordos.


Ademais do club organizador, participarán os seguintes equipos: CDS Mijas-Costas, CDS Huelva CDS Valencia, CDS Castellón (Asorcas), UDS Zaragoza, CDS Almussafe e CES Casal de Barcelona.

26/01/2013 a 27/01/2013

No pavillón de Pontepedriña terá lugar o Torneo de Esgrima 007 OPEN COMPOS organizado polo club Compostela de Esgrima.


O sábado 26 terá lugar desde as 9:30 horas o Ranking Galego de Espada e as 17:00 horas o Ranking Nacional de Veteranos de Florete.


O domingo 27 celebrarase o Ranking Nacional de Veteranos de Espada desde as 9:30h e desde as 15:00 horas o Ranking Galego na categoría de menores de 15 anos.


Máis información: info@compostelaesgrima.com

20/01/2013

O día 20 de xaneiro terá lugar no Monte do Gozo o Memorial Alejandro Lorenzo xunto coa celebración do Campionato Galego Cadete e Xuvenil e o Campionato Galego de Cross Curto.


A continuación móstrase información dos circuítos das distintas competicións así como o horario das mesmas.


Información do circuito e horarios das competicións

29/12/2012

Obradoiro CAB e Federación Galega de Baloncesto, coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, despedirán o ano ofrecendo aos adestradores galegos a posibilidade de participar dunha nova actividade formativa no marco do seu proxecto común “Aula Formativa do Adestrador Galego”.


Ambas as entidades convidan aos técnicos galegos a participar dunha charla téorico- práctica que, nesta ocasión, contará co adestrador axudante do Blusens Monbus, Víctor Pérez; e co técnico vigués, César Iglesias; como referencias.

28/12/2012 a 06/01/2013

ADESTRAMENTOS DAS ENTIDADES DEPORTIVAS CON CONCESIÓN ANUAL

28/12/2012 a 30/12/2012

O Campionato Galego Absoluto de Natación se celebrará os días 28, 29 e 30 de decembro na piscina de Santa Isabel.


Máis de 300 nadadores e nadadoras de 24 clubs galegos participarán na competición. Na piscina de Santa Isabel estarán, entre outros, os olímpicos Javier Gómez Noya e Beatriz Gómez. A entrada é de balde.

26/12/2012 a 28/12/2012

DIRIXIDO A: Nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 e 16 anos que durante os días 26, 27 e 28 de decembro do 2012 queiran desenvolver e perfeccionar os fundamentos técnicotácticos do fútbol, tanto colectivos como individuais nun marco incomparable de amizade e compañeirismo, compartindo esta afición con outros xóvenes deportistas e profesionais do medio.


Ademais, a actividade principal está acompañada doutras modalidades deportivas nunha xornada de lecer e actividades de tempo libre.


MODALIDADES:  6 e 7 anos, fútbol sala e 8 a 16 anos, fútbol.

26/12/2012

Descripción: I Campus de Gimnasia Rítmica que se celebra en Santiago de Compostela, con el objetivo de potenciar este deporte en nuestra ciudad así como darlo a conocer a todas aquellas personas interesadas en esta disciplina deportiva. El campus esta dirigido a niños y niñas a partir de los 5 años de edad. Se celebrará en horario de 10:00 – 14:00 en el Pabellón del Restollal con servicio de guardería desde las 9:00.


INFORMACIÓN DETALLADA

20/12/2012

O xoves 20 de decembro comenza na cidade de Santiago o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FÚTBOL FEMININO SUB-16 E SUB-18 (1ª Fase) que conta coa presencia das Seleccións Autonómicas de Baleares, Canarias e Galicia.


Este interesante evento desenvolverase no emblemático Campo Municipal de Santa Isabel en horario de mañá, sendo organizado pola Federación Galega de Fútbol e conta coa colaboración, entre outros, da Xunta de Galicia e do Concello de Santiago. A entrada ao recinto será de balde.


CALENDARIO DE COMPETICIÓN:

Páxinas