Noticias de Deporte Santiago

11/03/2013

O local obxecto da reforma está situado dentro do complexo deportivo do Estadio de San Lázaro situado no barrio de San Lázaro en Santiago de Compostela. Preténdese reformar interiormente un dos locais situados na planta baixa de devandito estadio para uso deportivo (ximnasio).


Descrición da intervención

09/03/2013

O sábado 9 de marzo terá lugar en Santiago de Compostela, organizado pola Federación Galega de Judo e DD. AA. e a Real Federación Española de Judo, o V Trofeo de Judo Cidade de Santiago.


O trofeo correspondente co Campionato de España Junior, Fase Sector Oeste sub-21 masculino e feminino celebrarase a partir das 16:30 horas no pavillón municipal de Restollal.


Os mellores judokas de Cantabria, Castilla-León, Asturias e Galicia loitarán polas tres primeiras prazas de cada peso que dan acceso á Fase Final.

01/03/2013 a 03/03/2013

Durante os días 1, 2 e 3 de marzo terá lugar en Santiago de Compostela unha proba do Campionato Nacional de Enduro.


Poderase gozar da especialidade do Enduro en distintos escenarios da cidade como son a Praza do Obradoiro, Monte do Gozo e Estadio de San Lázaro.


Máis información:

24/02/2013

O domingo día 24 poderase gozar no campo municipal de Santa Isabel do primeiro partido oficial de Fútbol Americano en Santiago de Compostela.


Os Santiago Black Ravens e os Warriors de Braça disputarán este encontro a partir das 16:00 horas. A entrada ao recinto será gratuíta.

17/02/2013

O Concello de Santiago de Compostela a través do seu Departamento de Deportes colabora coa Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago), na celebración o domingo 17 de febreiro no circuito compostelán do Monte do Gozo do II CROSS DE COMPOSTELA que será a súa vez CAMPIONATO GALEGO DE VETERANS DE CAMPO A TRAVES.


Máis información: www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org

09/02/2013 a 10/02/2013

El curso se impartirá en las instalaciones del Centro Cultural Santa Marta, calle Ramón Rama 6, y va dirigido a Fisioterapeutas, Licenciados en Educación Física, Médicos y profesionales de la readaptación deportiva (estudiantes en caso de plazas libres).


Se becará a cinco personas (Licenciados en Educación Física, Fisioterapia o Medicina) vinculadas a entidades deportivas del Concello de Santiago de Compostela.

08/02/2013 a 09/02/2013

Este fin de semana se celebrará en Santiago de Compostela la 2ª fase del "Campeonato nacional de selecciones autonómicas femeninas".


Las selecciones SUB-16 y SUB-18 de Aragón, Extremadura, Galicia y Madrid competirán los días 8 y 9 de febrero desde las 10:00 horas en el Campo de fútbol municipal de Santa Isabel.

02/02/2013

O vindeiro sábado día 2 celebrarase en Santiago de Compostela o Campionato Galego de Loitas Olímpicas nas categorías Junior e Escolar.


O campionato, organizado pola Federación Galega de Loita coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela e o Club de Loita Stellae, terá lugar no pavillón municipal de Santa Isabel de 10:00 a 14:00 horas.

31/01/2013

CURSO DE PREVENCIÓN E READAPTACIÓN DE LESIÓNS DEPORTIVAS


Terminado o prazo para presentar solicitudes de inscrición con carácter gratuíto no seminario "Prevención e readaptación das lesións musculares" hoxe 31 ás 14:00 horas e, dado que, o número de solicitudes é inferior ao número de prazas gratuitas.


Resólvese que non terá lugar o sorteo correspondente e se procede a conceder a inscrición con carácter gratuíto a todos os solicitantes da mesma.

28/01/2013 a 22/02/2013

A Diputación da Coruña publicou o pasado 17 de decembro no BOP a "Convocatoria de programas de apoio ó deporte xeral e federado dirixidos a entidades para actividade e investimentos durante o ano 2013".


O prazo para presentar solicitudes remata o 22 de febreiro.


Pódense consultar as bases da convocatoria no seguinte enlace: Convocatoria Deputación Provincial da Coruña 

Páxinas