Noticias de Deporte Santiago

24/03/2013

O domingo día 24 poderase volver gozar no campo municipal de Santa Isabel dun partido oficial de Fútbol Americano en Santiago de Compostela.


Os Santiago Black Ravens e os Lisboa Navigators disputarán este encontro da Liga Portuguesa de Fútbol Americano a partir das 11:30 horas.


A entrada ao recinto será gratuíta.

23/03/2013

O 23 de marzo de 9:30 a 14:30 horas terá lugar no Pavillón de Fontiñas o primeiro Clinic Galego de Fútbol Sala.


Neste Clinic, organizado pola Agrupación de Veteranos, figuran como ponentes: Mon Barreiro e Santiago Mecías do Santiago Futsal, Diego Ríos do Azkar Lugo, F.S., Isidro Grela e Julio Mougan.


Máis información: Tlfno. 981 57 11 24 e correo electrónico advsantiago@gmail.com

19/03/2013

No DOG do 15 marzo publicáronse as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas, e pola que se procede á súa convocatoria.


Convocatoria DOG

16/03/2013

O sábado 16 de marzo celebrarase en Santiado de Compostela o encontro internacional do Campionato de Europa de Rugby que enfrontará ás seleccións de España e Portugal.


O encontro, organizado pola Federación Galega de Rugby, disputarase no Estadio de San Lázaro ás 18:00 horas.


Máis información: Tlfno. 981137402 e- mail secretaria@fegarugby.es www.ferugby.es

16/03/2013

O sábado 16 de marzo as 12:00 horas, organizado por AGAXEDE, terá lugar a conferencia "A responsabilidade dos xestores deportivos" aberta a todo o personal de entidades deportivas. Dado a limitación do aforo deberase confirmar asistencia.


A conferencia que terá lugar no Centro Sociocultural do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16) será impartida por Alejandro López Sánchez, avogado en exercicio, especialista en Dereito Civil e Mercantil específicamente no ámbito da responsabilidade civil na Montaña e actividades ao aire libre.

11/03/2013

O local obxecto da reforma está situado dentro do complexo deportivo do Estadio de San Lázaro situado no barrio de San Lázaro en Santiago de Compostela. Preténdese reformar interiormente un dos locais situados na planta baixa de devandito estadio para uso deportivo (ximnasio).


Descrición da intervención

09/03/2013

O sábado 9 de marzo terá lugar en Santiago de Compostela, organizado pola Federación Galega de Judo e DD. AA. e a Real Federación Española de Judo, o V Trofeo de Judo Cidade de Santiago.


O trofeo correspondente co Campionato de España Junior, Fase Sector Oeste sub-21 masculino e feminino celebrarase a partir das 16:30 horas no pavillón municipal de Restollal.


Os mellores judokas de Cantabria, Castilla-León, Asturias e Galicia loitarán polas tres primeiras prazas de cada peso que dan acceso á Fase Final.

01/03/2013 a 03/03/2013

Durante os días 1, 2 e 3 de marzo terá lugar en Santiago de Compostela unha proba do Campionato Nacional de Enduro.


Poderase gozar da especialidade do Enduro en distintos escenarios da cidade como son a Praza do Obradoiro, Monte do Gozo e Estadio de San Lázaro.


Máis información:

24/02/2013

O domingo día 24 poderase gozar no campo municipal de Santa Isabel do primeiro partido oficial de Fútbol Americano en Santiago de Compostela.


Os Santiago Black Ravens e os Warriors de Braça disputarán este encontro a partir das 16:00 horas. A entrada ao recinto será gratuíta.

17/02/2013

O Concello de Santiago de Compostela a través do seu Departamento de Deportes colabora coa Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago), na celebración o domingo 17 de febreiro no circuito compostelán do Monte do Gozo do II CROSS DE COMPOSTELA que será a súa vez CAMPIONATO GALEGO DE VETERANS DE CAMPO A TRAVES.


Máis información: www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org

Páxinas