Noticias de Deporte Santiago

04/07/2013

A partir do 12 de xullo pecharanse os pavillóns polideportivos municipais, polo que se suspende, ata setembro, a reserva para "uso libre" (partidos, xogos deportivos e práctica deportiva en xeral desenvolvida por persoas físicas e non profesionais).


A partir do martes día 3 de setembro volverán a estar operativas as tres modalidades de reserva:


- On-line, a través da páxina web


- Presencial, nas oficinas do Departamento de Deportes


- Telefonicamente, chamando ao 981 528 730

04/07/2013

Hoxe rematan en Guimaraes os Xogos do Eixo Atlántico que comezaron o pasado día 30 de xuño.


Nesta última xornada a selección de Santiago de Baloncesto Feminino xogará a gran final contra a selección da Coruña.


Tamén xogarán contra os da Coruña os rapaces de Fútbol 8, neste caso pelearán polo 5º posto.


Ambos partidos serán as 10,30 h. (hora local portuguesa)


Resultados da xornada de onte

03/07/2013

Hoxe, mércores 3 de xullo, celébrase na cidade portuguesa de Guimaraes a 3ª xornada dos Xogos.


Pola mañá celebrarase a competición de atletismo adaptado, modalidade na que Santiago participa con tres deportistas.


Pola tarde chegará o turno da competición de natación. Neste caso a selección de Santiago está integrada por 10 deportistas. 5 masculinos e 5 femininos.


Por outra parte, continúa a competición dos deportes colectivos: fútbol 8, voleibol feminino, baloncesto masculino e baloncesto feminino.

03/07/2013

O vindeiro sábado 13 de xullo terá lugar a carreira nocturna do II Circuito de Carreiras Saudables CorreSan.


A proba terá a saída e a meta na Praza da Quintana e discorrerá polas rúas da cidade vella.


Horarios:


22,15 h.: Categorías benxamín-alevín


22,30 h.: Categorías infantil-cadete


23,00h.: Categorías xuvenil e superiores

02/07/2013

Hoxe, martes 2 de xullo, celébrase na cidade portuguesa de Guimaraes a 2ª xornada dos X Xogos do Eixo Atlántico


Resultados da 1ª xornada e previsión da 2ª


Coa colaboración da: 

01/07/2013

Onte domingo 30 de xuño disputouse a primeira xornada de competición dos X Xogos do Eixo Atlántico, que este ano se celebran en Guimaraes e que durarán ata o xoves 4 de xullo.Nesta primera xornada Santiago de Compostela compiteu na modalidade de Fútbol 8, e o resultado do partido foi Santiago 4 Vila Nova Famalicao 3.


Xornada 1 de xullo


Coa colaboración da: 

30/06/2013 a 04/07/2013

Do 30 de xuño ao 4 de xullo celebraranse na cidade portuguesa de Guimaraes os "X XOGOS DO EIXO ATLÁNTICO", competición deportiva na que poden participar todos os concellos que compoñen a actual estrutura do Eixo Atlántico. Nesta edición participan unhas 23 cidades, entre portuguesas e galegas, o que supón unha participación aproximada de 1400 deportistas que disputarán a súa hexemonía en 7 deportes diferentes.

29/05/2013

Santiago de Compostela será sede da conferencia, integrada dentro do PROGRAMA ESPELLO DEPORTIVO, que impartirá o paraolímpico CHANO RODRÍGUEZ o mércores 29 de maio, ás 19 horas no Centro Sociocultural do Ensanche, e á que poderán asistir de balde todas as persoas interesadas coa única limitación do aforo.

25/05/2013

Este ano poderemos gozar en Santiago de Compostela do II Circuíto de carreiras saudables CorreSAN, un programa de probas de carreiras a pé organizadas pola Federación Galega de Atletismo e que contan coa colaboración do Concello de Santiago a través do seu Departamento de Deportes.


Esta segunda edición constará de 5 probas que se disputarán nos meses de maio, xuño, xullo, setembro e outubro de 2013. A primeira proba será o CORRESAN CAMPUS SUR e terá lugar o 25 de maio.

Páxinas