Noticias de Deporte Santiago

30/06/2013 a 04/07/2013

Do 30 de xuño ao 4 de xullo celebraranse na cidade portuguesa de Guimaraes os "X XOGOS DO EIXO ATLÁNTICO", competición deportiva na que poden participar todos os concellos que compoñen a actual estrutura do Eixo Atlántico. Nesta edición participan unhas 23 cidades, entre portuguesas e galegas, o que supón unha participación aproximada de 1400 deportistas que disputarán a súa hexemonía en 7 deportes diferentes.

29/05/2013

Santiago de Compostela será sede da conferencia, integrada dentro do PROGRAMA ESPELLO DEPORTIVO, que impartirá o paraolímpico CHANO RODRÍGUEZ o mércores 29 de maio, ás 19 horas no Centro Sociocultural do Ensanche, e á que poderán asistir de balde todas as persoas interesadas coa única limitación do aforo.

25/05/2013

Este ano poderemos gozar en Santiago de Compostela do II Circuíto de carreiras saudables CorreSAN, un programa de probas de carreiras a pé organizadas pola Federación Galega de Atletismo e que contan coa colaboración do Concello de Santiago a través do seu Departamento de Deportes.


Esta segunda edición constará de 5 probas que se disputarán nos meses de maio, xuño, xullo, setembro e outubro de 2013. A primeira proba será o CORRESAN CAMPUS SUR e terá lugar o 25 de maio.

24/05/2013 a 26/05/2013

O Curso de Dereito do Fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol está dirixido a todas aquelas persoas que estean vinculadas ao mundo do fútbol ou que queiran desenvolver os seus coñecementos neste ámbito, tales como avogados, economistas, universitarios, licenciados en dereito ou INEF, directivos e traballadores de clubs e entidades deportivas, xogadores e colectivos varios.


O curso desenvolverase os días 24, 25 e 26 de maio no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.

16/05/2013

Xa está aberto o prazo para inscribirse no Campamento Deportivo organizado pola Deputación da Coruña que se desenvolverá do 7 ao 13 do xullo e na que poderán participar os rapaces e rapazas empadroados en Santiago e nados nos anos 2003, 2002, 2001, 2000 e 1999.


O prazo de solicitude remata o xoves 16 de maio.


Para inscribirse, é preciso que presenten, en calquera dos Rexistros do Concello, a seguinte documentación:


1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do solicitante.

12/05/2013

O domingo 12 de maio terá lugar en Santiago de Compostela o I COMPOSTELA BTT.


A saída será ás 9:30 horas desde a carballeira de San Lourenzo.


Máis información e inscricións: MAGMASPORTS

11/05/2013 a 12/05/2013

Por primeira vez poderemos gozar en Santiago de Compostela da 3ª Liga Galega de Miniesgrima (categorías de menores de 9 anos e menores de 12 anos) e da Liga Galega de Espada (categoría absoluta).


As dúas probas, organizadas polo club Compostela Esgrima, desenvolveranse no Pavillón do Restollal. A primeira proba terá lugar o sábado 11 desde as 16:00 horas e a segunda o domingo 12 desde as 10:00 horas.


Máis información: www.compostelaesgrima.com

01/05/2013

Ao redor de 200 deportistas competirán o 1 de maio no X Campionato de Seleccións Provinciais de Balonmán polo título de Campión Galego. O Campionato que terá lugar en Santiago de Compostela desenvolveráse nos pavillóns do Restollal, de Pontepedriña e o de Fontiñas a partir das 10:30 horas.

24/03/2013

O domingo día 24 poderase volver gozar no campo municipal de Santa Isabel dun partido oficial de Fútbol Americano en Santiago de Compostela.


Os Santiago Black Ravens e os Lisboa Navigators disputarán este encontro da Liga Portuguesa de Fútbol Americano a partir das 11:30 horas.


A entrada ao recinto será gratuíta.

23/03/2013

O 23 de marzo de 9:30 a 14:30 horas terá lugar no Pavillón de Fontiñas o primeiro Clinic Galego de Fútbol Sala.


Neste Clinic, organizado pola Agrupación de Veteranos, figuran como ponentes: Mon Barreiro e Santiago Mecías do Santiago Futsal, Diego Ríos do Azkar Lugo, F.S., Isidro Grela e Julio Mougan.


Máis información: Tlfno. 981 57 11 24 e correo electrónico advsantiago@gmail.com

Páxinas