Noticias de Deporte Santiago

27/08/2013

Hoxe publicáronse no BOP  as bases da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado do ano 2013. A partir desta publicación hai 20 días naturais para tramitar a solicitude, é dicir, o prazo remata o 16 de setembro.


Poderán acceder a estas subvencións as Entidades Deportivas Federadas con sede social no Municipio de Santiago e que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, e no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

08/07/2013

Os 35 nenos/-as de Santiago de Compostela  que obtiveron praza para participar no Campamento Deportivo da Deputación, incorporáronse o domingo pola tarde acudindo ás instalacións do Colexio Calvo Sotelo da Coruña, onde permanecerán ata o vindeiro sábado 13 pola mañá. Nesta quenda coinciden con outros concellos da zona como son Padrón, Boqueixón, Teo, O Pino, Ordes, Oroso, Porto do Son, Rois, Vedra, ... entre outros.


As actividades que poderan disfrutar  nesta edición son:

05/07/2013

Onte remataron os X XOGOS DO EIXO ATLÁNTICO. As seleccións xa regresaron onte pola tarde a Santiago e hoxe serán recibidas polo Alcalde da cidade.


Os resultados finais acadados nesta edición dos Xogos foron os seguintes:


Baloncesto feminino: 2º posto


Fútbol 8: 5º posto


Voleibol: 6º posto


Baloncesto Masculino: 10º posto


Natación: 10º posto por equipos

04/07/2013

Hoxe rematan en Guimaraes os Xogos do Eixo Atlántico que comezaron o pasado día 30 de xuño.


Nesta última xornada a selección de Santiago de Baloncesto Feminino xogará a gran final contra a selección da Coruña.


Tamén xogarán contra os da Coruña os rapaces de Fútbol 8, neste caso pelearán polo 5º posto.


Ambos partidos serán as 10,30 h. (hora local portuguesa)


Resultados da xornada de onte

04/07/2013

A partir do 12 de xullo pecharanse os pavillóns polideportivos municipais, polo que se suspende, ata setembro, a reserva para "uso libre" (partidos, xogos deportivos e práctica deportiva en xeral desenvolvida por persoas físicas e non profesionais).


A partir do martes día 3 de setembro volverán a estar operativas as tres modalidades de reserva:


- On-line, a través da páxina web


- Presencial, nas oficinas do Departamento de Deportes


- Telefonicamente, chamando ao 981 528 730

03/07/2013

Hoxe, mércores 3 de xullo, celébrase na cidade portuguesa de Guimaraes a 3ª xornada dos Xogos.


Pola mañá celebrarase a competición de atletismo adaptado, modalidade na que Santiago participa con tres deportistas.


Pola tarde chegará o turno da competición de natación. Neste caso a selección de Santiago está integrada por 10 deportistas. 5 masculinos e 5 femininos.


Por outra parte, continúa a competición dos deportes colectivos: fútbol 8, voleibol feminino, baloncesto masculino e baloncesto feminino.

03/07/2013

O vindeiro sábado 13 de xullo terá lugar a carreira nocturna do II Circuito de Carreiras Saudables CorreSan.


A proba terá a saída e a meta na Praza da Quintana e discorrerá polas rúas da cidade vella.


Horarios:


22,15 h.: Categorías benxamín-alevín


22,30 h.: Categorías infantil-cadete


23,00h.: Categorías xuvenil e superiores

02/07/2013

Hoxe, martes 2 de xullo, celébrase na cidade portuguesa de Guimaraes a 2ª xornada dos X Xogos do Eixo Atlántico


Resultados da 1ª xornada e previsión da 2ª


Coa colaboración da: 

01/07/2013

Onte domingo 30 de xuño disputouse a primeira xornada de competición dos X Xogos do Eixo Atlántico, que este ano se celebran en Guimaraes e que durarán ata o xoves 4 de xullo.Nesta primera xornada Santiago de Compostela compiteu na modalidade de Fútbol 8, e o resultado do partido foi Santiago 4 Vila Nova Famalicao 3.


Xornada 1 de xullo


Coa colaboración da: 

Páxinas