Noticias de Deporte Santiago

07/02/2014

A Comisión Escolar de Alertas, debido ao fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento, determinou a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos da provincia da Coruña a partir das 18 horas deste venres 7 de febreiro.

06/02/2014

Debido á alerta laranxa decretada por MeteoGalicia para hoxe xoves 6 de febreiro, SUSPÉNDENSE AS ACTIVIDADES DE TODOS OS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS.

04/02/2014

Debido á alerta laranxa que está decretada na Comunidade e que afecta á cidade de Santiago, SUSPÉNDENSE AS ACTIVIDADES DE TODOS OS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS.

04/02/2014

Ás 14.00 h. do día de hoxe, martes 4 de febreiro, no Salón de Plenos do Concello, realizouse o sorteo público de prazas para participar na CAMPAÑA DE ESQUÍ da Deputación da Coruña, coa presenza do Secretario Xeral do Pleno do Concello de Santiago.


A listaxe de admitidos, así como a lista de espera pódese consultar no seguinte documento:


RESULTADO DO SORTEO


 

03/02/2014

O Concello e Santiago dispón de 37 prazas para participar na Campaña de Esquí que a Deputación da Coruña organiza na estación invernal de San Isidro (León), na quenda do 21 ao 23 de marzo de 2014.


 

17/12/2013

Infórmase a todos os usuarios que durante a época de Nadal, como consecuencia dos días festivos existentes, a reserva de pista presencial modifica o seu día habitual dos martes.


Tendo en conta que os martes 24 e 31 de decembro son días non laborables no Concello, a reserva de pista presencial (nas oficinas do Departamento de Deportes) realizarase os xoves 26 de decembro e 2 de xaneiro respectivamente.


A partir da semana do 6 de xaneiro, retómase a actividade normal.

21/11/2013

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia de xénero, a Secretaría Xeral da Igualdade organiza unha Andaina contra a violencia de xénero "Camiño ao respecto", que terá lugar o vindeiro domingo 24 de novembro e saída do Monte do Gozo.


A folla de inscrición (aos efectos de entrega de acreditacións) está dispoñible na páxina web da Secretaría Xeral de Igualdade. O prazo de inscricíón remata hoxe, xoves 21.

18/11/2013

Segundo se informa por parte da Federación Galega de Fútbol, no día de hoxe chegouse a un principio de acordo para a continuidade da modalidade de fútbol dentro do programa XOGADE.


Documento da Federación Galega de Fútbol

Páxinas