Noticias de Deporte Santiago

11/09/2014

Xa está aberto o prazo para solicitar o uso individual das pistas de atletismo do estadio de San Lázaro para esta tempada.


As solicitudes poderán presentarse en calquera dos rexistros municipais ou ben directamente nas oficinas do Departamento de Deportes, e achegarase una fotocopia do DNI.


Solicitude individual adultos

22/08/2014

Onte publicáronse no BOP  as bases da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado do ano 2014. A partir desta publicación hai 20 días naturais para tramitar a solicitude, é dicir, o prazo remata o 10 de setembro.


Poderán acceder a estas subvencións as entidades deportivas con sede social no Municipio de Santiago e que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, e no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

17/07/2014

O deportista Ivan Raña, nacido en Ordes pero afincado na cidade de Santiago desde os 14 anos, será o pregoeiro das Festas do Apóstolo 2014.


Ver a noticia

11/07/2014

Nesta fin de semana haberá dúas probas deportivas deportivas que afectarán ao tráfico da Cidade: o sábado 12 a CORRESAN NOCTURNA  e o domingo 13 a MARCHA CICLISTA MOVISTAR.


Nota informativa publicada na web do Concello

10/07/2014

Este sábado 12 xullo celebrarase a carreira nocturna do Corresan que nesta edición contará con case 1200 participantes. O percorrido transcorrerá polo casco vello da cidade con saída e chegada na Praza da Quintana.


Horario e distancias:
- 22.15 horas. Benxamín – alevín: 910 m (1 volta pequena)
- 22.30 horas. Infantil – cadete: 1720 m (2 voltas pequenas)
- 23.00 horas. Xuvenil e sup: 4300 m (2 voltas pequenas)

25/06/2014

A semana do 7 ao 11 de xullo será a ultima que estará dispoñible para reservar pavillón polideportivo para os usuarios por libre. Durante o verán suspéndese a reserva tanto presencial como on-line e volverá a reaunudarse a partir do 8 de setembro.

27/05/2014

O martes 27 de maio, ás 13,00 h. celebrouse no Salón de Plenos do Concello o sorteo para a adxudicación das 28 prazas para participar no Campamento Deportivo que a Deputación da Coruña organiza nas instalacións do Colexio Calvo Sotelo da Cidade herculina, na quenda do 29 de xuño ao 5 de xullo.

22/05/2014

O vindeiro sábado 24 de maio, no pavillón do Restollal, a partir das 12,30 h. terá lugar a clausura da Campaña de Minibásquet “Memorial Lorenzo de la Torre”.


 

Páxinas