Noticias de Deporte Santiago

05/11/2014

O pasado venres 31 de outubro a Xunta de Goberno da Cidade de Santiago aprobou a resolución da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do Deporte Federado 2014.


Noticia na web municipal


As entidades beneficiarias teñen de prazo ata o 21 de novembro para presentar en calquera dos Rexistros Municipais a documentación xustificativa.

19/10/2014

O dómingo 19 de outubro celébrase o DÍA CONTRA O CANCRO DE MAMA. Nese día, o Concello de Santiago, a través das Concellerías de Deportes e de Servizos Sociais, xunto co Multiúsos Fontes do Sar, organizan un maratón deportivo solidario de zumba, caopeira e body combat.
Será no Multiúsos Fontes do Sar, de 18 a 21 h. Haberá outras actividades para nenos de ata 12 anos: inchables, camas elásticas, xogos, obradoiros...
A inscrición (5 €) destinarase integramente á Asociación Española contra el Cáncer. Pode facerse:

16/09/2014

Este domingo 21 de setembro terá lugar a cuarta proba do III Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago- CORRESAN. A proba consistirá nunha cronoescalada individual, na cal os corredores sairán de un en un cada certo intervalo de tempo establecido pola organización.


Horarios:


- 10,15 h. Categorías benxamín e alevín


- 10,30 h. Categorías infantil e cadete


- 11,00 h. Categorías xuvenil e superiores


PLANO CIRCUÍTO

11/09/2014

Xa está aberto o prazo para solicitar o uso individual das pistas de atletismo do estadio de San Lázaro para esta tempada.


As solicitudes poderán presentarse en calquera dos rexistros municipais ou ben directamente nas oficinas do Departamento de Deportes, e achegarase una fotocopia do DNI.


Solicitude individual adultos

22/08/2014

Onte publicáronse no BOP  as bases da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado do ano 2014. A partir desta publicación hai 20 días naturais para tramitar a solicitude, é dicir, o prazo remata o 10 de setembro.


Poderán acceder a estas subvencións as entidades deportivas con sede social no Municipio de Santiago e que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, e no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

17/07/2014

O deportista Ivan Raña, nacido en Ordes pero afincado na cidade de Santiago desde os 14 anos, será o pregoeiro das Festas do Apóstolo 2014.


Ver a noticia

11/07/2014

Nesta fin de semana haberá dúas probas deportivas deportivas que afectarán ao tráfico da Cidade: o sábado 12 a CORRESAN NOCTURNA  e o domingo 13 a MARCHA CICLISTA MOVISTAR.


Nota informativa publicada na web do Concello

10/07/2014

Este sábado 12 xullo celebrarase a carreira nocturna do Corresan que nesta edición contará con case 1200 participantes. O percorrido transcorrerá polo casco vello da cidade con saída e chegada na Praza da Quintana.


Horario e distancias:
- 22.15 horas. Benxamín – alevín: 910 m (1 volta pequena)
- 22.30 horas. Infantil – cadete: 1720 m (2 voltas pequenas)
- 23.00 horas. Xuvenil e sup: 4300 m (2 voltas pequenas)

25/06/2014

A semana do 7 ao 11 de xullo será a ultima que estará dispoñible para reservar pavillón polideportivo para os usuarios por libre. Durante o verán suspéndese a reserva tanto presencial como on-line e volverá a reaunudarse a partir do 8 de setembro.

Páxinas