Noticias de Deporte Santiago

12/04/2015

 O vindeiro domingo 12 de abril celebrarase a segunda edición da MEDIASAN DO CAMIÑO,  carreira de media maratón que discorre entre entre os Concellos de O Pino e o de Santiago de Compostela. 


A pasada edición, con chegada no Estadio de San Lázaro,  xa foi todo un éxito cunha grande participación, que sen dúbida se superará este ano polo reclamo que supón que a chegada estea situada na emblemática Praza do Obradoiro.


+ INFO(regulamento, percorrido, inscricións....)

06/03/2015

O pasado venres 27 de febreiro publicouse no BOP  a "Convocatoria de bolsas para deportistas da provincia para o ano 2015.


As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da páxina web da Deputación da Coruña: www.dicoruna.es


O prazo de presentación de solicitudes finaliza ás 14:00 h. do día 31 de marzo de 2015


Bases da convocatoria

16/02/2015

Hoxe presentouse en rolda de prensa a 1ª carreira nocturna homologada SantYaGo10k, que terá lugar o vindeiro 9 de maio e percorrerá o casco vello da Cidade.


Noticia na web municipal


+ info

11/02/2015

Onte celebrouse no Auditorio de Galicia a II GALA DO DEPORTE DE SANTIAGO, e foron entregados os PREMIOS SANTIAGO DEPORTE 2014. Nesta edición os gañadores foron Nadia Iglesias, Pedro Nimo, Arteal Tenis de Mesa, Santiago Valladares, Cenor, SD Compostela, IES Rosalía de Castro e José Manuel Castelao.


Noticia na web municipal

10/02/2015

O vindeiro martes 10 de febreiro, a partir das 20,30 h. na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, terá lugar a II GALA DO DEPORTE DE SANTIAGO, na que se fará un recoñecemento público aos gañadores dos Premios Santiago Deporte 2014: mellor deportista feminina, mellor deportista masculino, entidade deportiva máis destacada, adestrador máis destacado, patrocinio deportivo, actividade ou acción social, entidade educativa e por último honorífico á traxectoria deportiva.

24/01/2015 a 25/01/2015

Esta fin de semana celebrarase no Pavillón de Pontepedriña a novena edición do OPEN COMPOS de Esgrima, no que se haberá dúas probas: Ranking Galego de Espada e Ranking Nacional de Veteranos.


Horarios:


Sábado 24 de xaneiro: IX OPEN COMPOS Ranking Galego Espada Absoluta


- Espada masculina (comeza ás 9,30)


-Espada feminina (comeza ás 14,30 h.)


Domingo 25 de xaneiro: IX OPEN COMPOS ESPADA Veteranos


- Espada masculina (comeza ás 9,30 h.)

23/01/2015

O Pasado mércores 21 de xaneiro, celebrouse no Pazo de Raxoi o acto de entrega dos TROFEOS Á DEPORTIVIDADE, organizados pola Delegación Local da Federación GAlega de Fútbol e o Concello de Santiago.


Máis información

16/12/2014

A segunda edición da San Silvestre de Santiago celebrarase o 31 de decembro, a partir das 18,00 horas. A saída será na Porta dos Leóns da Alameda e a chegada estará situada na Praza do Obradoiro.


Presentación en rolda de prensa


Plano do percorrido

Páxinas