Noticias de Deporte Santiago

25/01/2016

 
O Concello e Santiago dispón de 22 prazas para participar na Campaña de Esquí que a Deputación da Coruña organiza na estación invernal de Leitariegos, na quenda do 6 ao 11 de marzo de 2016.
 
Rematado o prazo de inscrición, hai máis solicitudes ca o número de prazas que asignou a Deputación, polo que se realizará un sorteo público diante do secretario do Concello, tal e como se establece no tríptico informativo da actividade.
 

04/09/2015

O pasado 19 de agosto publicáronse no BOP as bases da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado do ano 2015. O prazo de 20 días naturais para solicitar a subvención remata o vindeiro martes 8 de setembro.


 

19/08/2015

Hoxe publicáronse no BOP  as bases da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado do ano 2015. A partir desta publicación hai 20 días naturais para tramitar a solicitude, é dicir, o prazo remata o 8 de setembro.

Poderán acceder a estas subvencións as entidades deportivas con sede social no Municipio de Santiago e que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, e no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Bases da convocatoria

07/07/2015

Co fin de poñer en funcionamento as INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS (Pavillóns, Campos de Fútbol, Pistas de Atletismo,…) para a vindeira tempada, ponse en coñecemento de todas as entidades que teñan previsto participar en actividad

03/07/2015

Do 5 ao 10 de xullo celebraranse nas cidades portuguesas de Porto, Vila Nova de Gaia e Matosinhos os "XI XOGOS DO EIXO ATLÁNTICO", competición deportiva na que poden participar todos os concellos que compoñen a actual estrutura do Eixo Atlántico.


A expedición de Santiago está integrada por 57 participantes, entre adestradores e deportistas, aos que lle hai que sumar un Delegado Municipal. Santiago de Compostela terá representación nas modalidades de baloncesto, fútbol 8, natación e atletismo discapacitados.

23/06/2015

A semana do 13 ao 17 de xullo será a última que estará dispoñible para reservar pavillón polideportivo para os usuarios por libre. Durante o verán suspéndese a reserva tanto presencial como on-line e volverá a reanudarse a partir do 7 de setembro.

04/06/2015

O xoves 4 de xuño, ás 14,15 h. celebrouse no Salón de Plenos do Concello o sorteo para a adxudicación das 28 prazas para participar no Campamento Deportivo que a Deputación da Coruña organiza nas instalacións do Colexio Calvo Sotelo da Cidade herculina, na quenda do 28 de xuño ao 4 de xullo.

Páxinas