Noticias de Deporte Santiago

22/06/2016

O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou esta mañá a II edición do Jamboree Nacional Minibasket de Clubs, que se celebrará do 23 ao 26 de xuño nos pavillóns do Restollal e Monte dos Postes. Na rolda estivo acompañado do presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, e da secretaria da entidade, Susana Fernández.

21/06/2016

O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, xunto con outros membros da Corporación, recibiu no salón vermello de Raxoi os integrantes da Peña Ciclista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, ao concluír unha nova edición da súa ciclomarcha a Compostela.

20/06/2016

O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou esta mañá o IV Campus de Tecnificación organizado pola Fundación Atlético de Madrid. Na rolda estivo acompañado polo seu coordinador, Héctor Antelo.

09/06/2016

O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou esta mañá acompañado de Raquel González, directora de RGM Eventos, e Antonio Cortés, director de Marketing de Gadisa, a décima edición de XiraKarting, actividade pioneira do karting móvil para que todos os públicos poidan desfrutar da experiencia de pilotar un auténtico kart de carreiras.

03/06/2016

O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou esta mañá o 2º Día do Deporte Solidario, un evento que acolle Área Central este sábado 4 de xuño. Na rolda estivo acompañado polo xerente de Área Central, José Rafael Martínez; o xerente da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspas), Javier García; e o coordinador da actividade, Enrique Vieites.

21/05/2016

Este sábado celébrase a segunda edición de SantYaGo10K, a carreira nocturna de Santiago de Compostela, que reunirá a preto de 2.000 atletas populares de Santiago, Galicia e resto de España. A carreira comezará ás 22:30 horas en San Francisco. Os corredores comezarán a chegar á meta no Obradoiro a partires das 23:00 horas. A carreira repartirá máis de 1.700 euros en premios e 60 trofeos.

13/05/2016

Nicolás Castro (segundo pola esquerda) membro do Club de Loita Stellae, acudiu como técnico nacional o torneo clasificatorio para os XXOO en Estambul (Turquía), acadando a clasificación directa do deportista Taimuraz Friev na categoría de 74kg Loita Libre Olímpica.

07/03/2016

Do 21 ao 27 de marzo os usuarios por libre non poderán reservar horas nos pavillóns polideportivos municipais. A partir do 28 de marzo reanudarase a reserva das instalacións tanto presencial como on-line.

(Polo tanto, o martes 15 de marzo non se poderán realizar reservas, e o martes 22 poderase reservar a semana do 28 de marzo ao 3 de abril)

27/01/2016

Hoxe, mércores 27 de xaneiro, ás 14,00 h. celebrouse no Salón de Plenos do Concello o sorteo para a adxudicación das 22 prazas do Concello de Santiago para participar na Campaña de Esquí 2016 que a Deputación da Coruña organiza na Estación Invernal de Leitariegos, na quenda do 6 ao 11 de marzo.


 

25/01/2016

 
O Concello e Santiago dispón de 22 prazas para participar na Campaña de Esquí que a Deputación da Coruña organiza na estación invernal de Leitariegos, na quenda do 6 ao 11 de marzo de 2016.
 
Rematado o prazo de inscrición, hai máis solicitudes ca o número de prazas que asignou a Deputación, polo que se realizará un sorteo público diante do secretario do Concello, tal e como se establece no tríptico informativo da actividade.
 

Páxinas