Noticias de Deporte Santiago

13/09/2016

Santiago será o escenario do Mundial Sub-8, Sub-10 e Sub-12 de Xadrez no ano 2018. Acordouno onte a Federación Internacional de Xadrez, FIDE, durante a asemblea xeral do seu 87º Congreso, celebrado en Bakú (Azerbaixán). A organización do evento corresponderalle á Federación Española de Xadrez, que propuxo Compostela para albergar este evento.

06/09/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, xunto co concelleiro de Deporte, Rafael Peña, e outros membros da Corporación, recibiu os xogadores, técnicos e directivos da Selección de Uzbekistán de fútbol sala. O combinado asiático está preparando en Santiago a súa participación no Mundial, que se celebrará en Colombia a partir do 10 de setembro.

31/08/2016

Xa está todo listo para a celebración da cita estrela do V Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago CorreSan, a proba nocturna polo casco histórico compostelán. Será este sábado, 3 de setembro, con saída da avenida de Xoán XXIII e chegada na praza do Obradoiro. A día de hoxe xa hai máis de 800 inscritos/as, pero a previsión é que a participación estea en torno ás 1.200 persoas.

18/08/2016

As rúas de Santiago serán escenario o próximo domingo da terceira das Marchas Ciclistas Unificadas de Galicia, que organiza Special Olympics. A proba foi presentada en rolda de prensa polo concelleiro de Deporte, Rafael Peña; a xerente de Special Olympics Galicia, Eunice Mosquera; e un dos deportistas que vai participar na proba, Jesús Cabo.

01/08/2016

O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou esta mañá o reto Traslatio, que o atleta Carlos Barcala comezará o vindeiro sábado 6 de agosto.

28/07/2016

O mércores 27 de xullo saíron publicadas no BOP da Coruña as bases da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado ano 2016. O prazo para presentación de solicitudes será desde o 28 de xullo ata o 17 de agosto, ambos inclusive.

O formulario de solicitude e seu anexos están dispoñibles nas oficinas do Departamento de Deportes, nesta web e na web do Concello de Santiago. 

Publicación no BOP

11/07/2016

O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou esta mañá, acompañado do delegado da Federación de Atletismo en Santiago, Iván Sanmartín, o Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan para este 2016.

07/07/2016

O alcalde, Martiño Noriega, e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, asinaron esta mañá no Pazo de Raxoi o convenio de colaboración para mellorar a presenza desa entidade en Compostela. Para iso, a Federación ocupará o Local C do Estadio de San Lázaro, un espazo de 1.500 metros cadrados no que tivera as súas dependencias a Secretaría Xeral de Deporte da Xunta. Farao grazas a unha concesión demanial por parte do Concello, por un prazo de 50 anos.

04/07/2016

Co fin de poñer en funcionamento as INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS (Pavillóns, Campos de Fútbol, Pistas de Atletismo,…) para a vindeira tempada, ponse en coñecemento de todas as entidades que teñan previsto participar en actividades de carácter periódico  (principalmente as de compet

01/07/2016

Do 18 de xullo ao 4 de setembro os usuarios por libre non poderán reservar horas nos pavillóns polideportivos municipais. A partir do 5 de setembro reanudarase a reserva das instalacións tanto presencial como on-line.

(Polo tanto, o martes 12 de xullo non se poderán realizar reservas, e o martes 30 de agosto poderase reservar a semana do 5 ao 11 de setembro).

Páxinas