Noticias de Deporte Santiago
Regulación do réxime de uso das pistas de atletismo do Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro para:
- Entidades Deportivas
- Deportistas individuais federados
A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na súa sesión ordinaria celebrada o 22 de febreiro de 2020, aprobou as bases dos Premios Santiago Deporte 2020.

Desde o Concello de Santiago de Compostela lamentamos comunicar a suspensión da “VIII San Silvestre de Santiago” prevista para o 31 de decembro de 2020. Esta decisión foi acordada xunto coa Federación Galega de Atletismo en vista ao baixo nivel na dinámica de inscrición nesta proba solidaria. No que respecta aos atletas que formalizaron a súa participación, infórmase que se procederá á devolución da inscrición a través da propia plataforma. Agradecemos a comprensión e colaboración de todas e todos e desexámosvos un 2021 cheo de deporte e saúde.

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou en rolda de prensa a oitava edición da San Silvestre compostelá, que nesta ocasión terá só carácter federado e contará cun cupo de 300 prazas.

Dispoñible para consulta e descarga o protocolo actualizado para o uso das instalacións deportivas municipais durante a incidencia do Covid-19.

O Concello de Santiago asinou esta semana cinco convenios con distintas entidades deportivas por un importe de 171.000 euros que se destinarán a subvencionar parte dos gastos derivados das competencións e das súas actividades durante o ano 2020. Os asinantes son: Club Sociedade Deportiva Compostela, Club Santiago Futsal, Club Triatlón Santiago, Club Arteal Tenis de Mesa e Club Atlétismo Santiago.

O vindeiro martes 8 de decembro, con motivo do "XIX Ciclocross Cidade de Santiago", os arredores do Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro (incluíndo a zona dos soportais do estadio) permanecerán pechados ao público.

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; e o presidente da Federación Galega de Kárate e D.A. (Disciplinas Asociadas), Óscar Lafuente López, presentaron o Campionato Galego Infantil de Kárate

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; e Luis Neira Fontao, presidente do Club Ciclista Compostelano, presentaron a XIX Ciclocross Cidade de Santiago, que se celebrará no estadio Vero Boquete.

Lembrámosvos, polo seu interese, as medidas restritivas en vigor no ámbito deportivo para Santiago de Compostela.