Noticias de Deporte Santiago

27/10/2017

A concelleira de Mocidade e Deportes, Noa Morales, e o presidente da Federación Galega de Squash, Carlos Noya, presentaron a campaña de promoción Coñece o Squash, que se está realizando en varios centros de ensino da cidade. A campaña está dirixida a nenos e nenas de Primaria, de entre 3 e 11 anos, co obxectivo de fomentar a práctica deste deporte.

13/10/2017

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela (13 ao 15 de outubro de 2017)

11/10/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou a segunda carreira da VI edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. Trátase da Ruta da Prata-Angrois, que se celebrará o vindeiro sábado 14 de outubro. Tamén participaron na rolda de prensa Iván Sanmartín, delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, e Martín Rozas, directivo da Asociación de Veciños de Angrois e integrante do Noitebra F.C.

06/10/2017

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela (6 ao 8 de outubro de 2017)

26/09/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou a XVI Camiñada ao Pedroso, unha andaina solidaria a beneficio de Unicef que se celebrará o domingo 1 de outubro ás 10:00 horas, con saída da praza do Obradoiro e chegada á Granxa do Xesto. Na rolda de prensa tamén participaron Iñaki Bilbao, presidente da sección de montaña do Club Deportivo Fontiñas, e Irene Marín, en representación de Unicef en Santiago.

25/09/2017

O I Torneo de Xadrez Cidade de Santiago, celebrado o pasado 16 de setembro no Centro Comercial Área Central, reuniu a preto de 200 participantes procedentes de toda Galicia.

21/09/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, visitou esta mañá o campo de fútbol das Cancelas, onde se levaron a cabo obras durante os meses de verán. Ademais desta instalación, tamén se acometeron obras no polideportivo das Fontiñas. O Concello destinou a estas dúas obras preto de 100.000 euros, procedentes do remanente de tesourería.

13/09/2017

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou a que será a cuarta e última etapa da XVI Volta Ciclista a Galicia o vindeiro domingo 17 de setembro. O percorrido desta etapa desenvolverase na contorna da cidade de Santiago, con saída e chegada na avenida de Xoán Carlos I.

12/09/2017

Os concelleiros de Medio Ambiente, Xan Duro, e de Deporte, Noa Morales, xunto co presidente do Santiago Futsal, Ramón García, presentaron unha nova campaña de fomento da reciclaxe na que colaboran o Concello e o club compostelán. O equipo levará o lema "O Santiago Futsal recicla" durante esta tempada 2017-2018.

12/09/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou este martes a VI edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. O CorreSan 2017, que ten como lema "Non é unha tolemia, é unha paixón", contará con catro probas. A primeira será este mesmo sábado, 16 de setembro, co percorrido nocturno pola cidade histórica.

Páxinas