Noticias de Deporte Santiago

31/01/2018

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou o partido de fútbol americano que disputarán este domingo día 4 de febreiro os Black Ravens de Santiago contra os Gijón Mariners no campo das Cancelas. Xunto á concelleira estiveron Fernando Vigo, presidente do club Black Ravens, e David Gómez, xogador de ataque do equipo. O partido comezará ás 12:00 horas e será o primeiro dos santiagueses como locais na máxima división da Liga de Fútbol Americano.

31/01/2018

O Concello e Santiago dispón de 22 prazas para participar na Campaña de Inverno que a Deputación da Coruña organiza na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, na quenda do 9 ao 12 de marzo de 2018.

30/01/2018

As instalacións deportivas de Santa Isabel serán escenario durante esta fin de semana do X Trofeo Cidade de Santiago de judo en categoría infantil(sábado 3) e do Campionato de Galicia Júnior Masculino e Feminino desta disciplina (domingo 4). Máis de 200 judokas daranse cita en Santiago nestas dúas competicións.

26/01/2018

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela do 26 ao 28 de decembro de 2018.

19/01/2018

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela do 19 ao 21 de decembro de 2018.

17/01/2018

O CSC das Fontiñas será o escenario no que arranque, o próximo venres, a campaña "Conquista os Elementos" impulsada pola Deputación da Coruña para sensibilizar e visualizar o deporte feminino na provincia. Haberá encontros en 23 concellos coruñeses, a partir do visionado do documental "Contra os elementos".

12/01/2018

Velaquí a axenda coas actividades deportivas en Compostela do 12 ao 14 de decembro de 2018.

08/01/2018

A Deputación Provincial da Coruña informa do comezo da campaña divulgativa de sensibilización e visibilización do deporte feminino  "Conquista os elementos"; dirixida á sociedade en xeral, pero específicamente á mocidade, asociacións, federacións e escolas deportivas municipais. 

05/01/2018

A Deputación Provincial da Coruña organiza unha CAMPAÑA DE INVERNO na estación invernal de CABEZA DE MANZANEDA na que poderán participar os nenos/-as nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007.

19/12/2017

A xogadora compostelá do París Saint Germain, Vero Boquete, presentou xunto á concelleira de Deporte, Noa Morales, o VII Campus de Fútbol Vero Boquete, dirixido a nenos e nenas que queiran aprender técnicas e tácticas futbolísticas. O Campus estará aberto os días 27, 28 e 29 de decembro. A inscrición remata mañá mércores.

Páxinas