Noticias de Deporte Santiago

20/12/2018

A concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; do delegado da mesma en Santiago, Iván Sanmartín; do director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés, Pati Blanco, e da atleta Esther Pedrosa, deron hoxe os detalles da sexta edición da San Silvestre compostelá.

18/12/2018

O Centro Don Bosco, a Asociación de Deportistas Veteranos de Santiago e o Santiago Futsal poñen en marcha o XII Torno Solidario de Nadal "Operación Quilo", co obxectivo este ano de recadar fondos para o Proxecto Suriya, de axuda a mozos e mozas dos centros xuvenís de Siria, promovido pola Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia e a Confederación de Centros Xuvenís Don Bosco de España. Tamén se recadarán alimentos para as familias de Santiago.

04/12/2018

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou hoxe, acompañada da secretaria da Federación Galega de Deporte Adaptado, Susana García, as actividades que organiza o Concello co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se conmemora todos os 3 de decembro.

29/11/2018

Todo listo para a última carreira do VII Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan, que chega por primeira vez, ao barrio de San Pedro. Trátase dunha proba circular, con saída e chegada na rúa de San Pedro e cunha lonxitude total para a proba absoluta de 4,7 quilómetros, aproximadamente 2,350 por volta, e dun quilómetro para a categoría escolar 1 e de dous quilómetros para escolares 2.

23/11/2018

Compartimos o cadro de actividades deportivas en Compostela do 23 ao 25 de novembro de 2018.

16/11/2018

Compartimos o cadro de actividades deportivas en Compostela do 16 ao 18 de novembro de 2018.

09/11/2018

Compartimos o cadro de actividades deportivas en Compostela do 09 ao 11 de novembro de 2018.

08/11/2018

A Comisión de Condecoracións aprobou no día de hoxe o cambio de denominación do campo de fútbol de San Lázaro, que pasará a chamarse Estadio Municipal "Vero Boquete" de San Lázaro. Así o explicaron esta mañá as concelleiras Noa Morales, María Corral, Milagros Castro e Goretti Sanmartín nunha rolda de prensa.

05/11/2018

Máis de 800 xadrecistas cadetes de todo o mundo danse cita na nosa cidade para disputar o Mundial sub-8, sub-10 e sub-12 de xadrez, que se celebrará ata o 15 de novembro na Cidade da Cultura. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado das concelleiras de Deporte e de Turismo, Noa Morales e Marta Lois, asistiron onte á inaguración do campionato.

02/11/2018

Compartimos o cadro de actividades deportivas en Compostela do 02 ao 04 de novembro de 2018.

Páxinas