Actualidade

17/12/2021

O venres 17 de decembro, ás 14,00 h. celebrouse no Salón de Plenos do Concello o sorteo para a adxudicación das 25 prazas do Concello de Santiago para participar na Campaña de Inverno 2022 que a Deputación da Coruña organiza na Estación Invernal de Valgrande-Pajares, na quenda do 28 ao 31 de xaneiro.

16/12/2021

O Concello de Santiago dispón de 25 prazas para participar na Campaña de Neve que a Deputación da Coruña organiza na estación invernal de Valgrande-Pajares, na quenda do 28 ao 31 de xaneiro de 2022.

 

Rematado o prazo de preinscrición, e habendo máis solicitudes ca prazas, realizarase un sorteo  público o venres 17 de decembro, ás 14 horas no Salón de Plenos do Concello.

 O resultado do sorteo publicarase nesta web.

 

02/12/2021

A Deputación Provincial da Coruña organiza unha CAMPAÑA DE NEVE na estación invernal de VALGRANDE-PAJARES na que poderán participar os nenos/-as empadroados nun concello da provincia de A Coruña, de 12 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2021). Terán prioridade os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación.

 

20/09/2021

No día de hoxe, luns 20 de setembro, publicouse no BOP da Coruña o extracto do acordo do 13 de setembro de 2021 da Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela polo que se aproban as bases e convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado ano 2021.

 

O prazo para presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir desta publicación no BOP, é dicir, desde o 21 de setembro ata o 5 de outubro, ambos inclusive.

 

10/08/2021

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria celebrada o 9 de agosto de 2021,  aprobou as Bases reguladoras da convocatoria de cesión de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas (adestramentos) e actividades físicas durante a tempada 2021-2022.

Para a presentación das solicitudes deberanse cubrir os formularios que figuran nos trámites establecidos na Sede Electrónica do Concello de Santiago: