Actualidade

22/02/2021

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na súa sesión ordinaria celebrada o 22 de febreiro de 2020, aprobou as bases dos Premios Santiago Deporte 2020.

- Bases reguladoras dos Premios Santiago Deporte 2020

29/12/2020

Desde o Concello de Santiago de Compostela lamentamos comunicar a suspensión da “VIII San Silvestre de Santiago” prevista para o 31 de decembro de 2020. Esta decisión foi acordada xunto coa Federación Galega de Atletismo en vista ao baixo nivel na dinámica de inscrición nesta proba solidaria. No que respecta aos atletas que formalizaron a súa participación, infórmase que se procederá á devolución da inscrición a través da propia plataforma. Agradecemos a comprensión e colaboración de todas e todos e desexámosvos un 2021 cheo de deporte e saúde.

23/12/2020

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou en rolda de prensa a oitava edición da San Silvestre compostelá, que nesta ocasión terá só carácter federado e contará cun cupo de 300 prazas.

14/12/2020

Dispoñible para consulta e descarga o protocolo actualizado para o uso das instalacións deportivas municipais durante a incidencia do Covid-19.

07/12/2020

O Concello de Santiago asinou esta semana cinco convenios con distintas entidades deportivas por un importe de 171.000 euros que se destinarán a subvencionar parte dos gastos derivados das competencións e das súas actividades durante o ano 2020. Os asinantes son: Club Sociedade Deportiva Compostela, Club Santiago Futsal, Club Triatlón Santiago, Club Arteal Tenis de Mesa e Club Atlétismo Santiago.