XXIII DÍA DA BICICLETA

domingo, 29 Setembro, 2013

O vindeiro domingo 29 de setembro celebrarase a vixésimo terceira edición do Día da Bicicleta.


Á saída será ás 10:30 h. desde o Centro Comercial As Cancelas e a chegada será na Cidade da Cultura, onde terá lugar o sorteo de agasallos entre todos os inscritos.


As inscricións faranse no Centro Comercial As Cancelas (Punto de Información), de luns a sábado, en horario de 10:00 a 21:00 h:


- Inscrición anticipada con dereito a camiseta: do 18 ao 25 de setembro


- Inscrición anticipada sen dereito a camiseta: do 26 ao 28 de setembro


- Inscrición o mesmo día da actividade: diante do Centro Comercial As Cancelas, de 9:00 a 10:00 h.


Tríptico informativo