XORNADA DE PROMOCIÓN DO KARATE

domingo, 7 Outubro, 2012

O 7 de Outubro conmemórase o Día Mundial do Karate. Con este motivo, a Agrupación Deportiva Galaika, en colaboración co Departamento de Deportes do Concello de Santiago e a Federación Galega de Karate, organiza unha xornadas de promoción deste deporte co obxectivo de que poidan coñecelo todas aquelas persoas interesadas na súa práctica. Con esta iniciativa, a entidade compostelá súmase á multitude de eventos deportivos que se celebrarán en todo o mundo co obxectivo de demostrar ao COI a unión e fortaleza da arte marcial con máis practicantes a nivel mundial, xa que o Karate aspira a ser designado como deporte olímpico en 2013. As xornadas de promoción levaranse a cabo no Pavillón Municipal de Pontepedriña a partir das 11:30 horas. Os instrutores de Galaika coordinarán unha serie de actividades dirixidas a todos aqueles nenos e non tan nenos que desexen participar, teñan ou non coñecementos previos.