X XOGOS DO EIXO ATLÁNTICO

domingo, 30 Xuño, 2013 a xoves, 4 Xullo, 2013

Do 30 de xuño ao 4 de xullo celebraranse na cidade portuguesa de Guimaraes os "X XOGOS DO EIXO ATLÁNTICO", competición deportiva na que poden participar todos os concellos que compoñen a actual estrutura do Eixo Atlántico. Nesta edición participan unhas 23 cidades, entre portuguesas e galegas, o que supón unha participación aproximada de 1400 deportistas que disputarán a súa hexemonía en 7 deportes diferentes.


A expedición de Santiago está integrada por 67 participantes, entre adestradores e deportistas, aos que lle hai que sumar un Delegado Municipal. Santiago de Compostela terá representación nas modalidades de baloncesto, fútbol 8, natación, atletismo discapacitados e voleibol.


Coa colaboración da: