X CAMPIONATO DE SELECCIÓNS PROVINCIAIS DE BALONMÁN

mércores, 1 Maio, 2013

Ao redor de 200 deportistas competirán o 1 de maio no X Campionato de Seleccións Provinciais de Balonmán polo título de Campión Galego. O Campionato que terá lugar en Santiago de Compostela desenvolveráse nos pavillóns do Restollal, de Pontepedriña e o de Fontiñas a partir das 10:30 horas.


O Campionato de Seleccións Provinciais identifícase coma un dos eventos máis relevantes do balonmán de base en Galicia, unha xornada onde as promesas do balonmán galego serán as protagonistas, as seleccións das catro provincias enfrontaránse nas categorías: alevín mixta, infantil masculina e infantil feminina, baixo o formato de todos contra todos a unha soa volta.