V TROFEO DE JUDO CIDADE DE SANTIAGO

sábado, 9 Marzo, 2013

O sábado 9 de marzo terá lugar en Santiago de Compostela, organizado pola Federación Galega de Judo e DD. AA. e a Real Federación Española de Judo, o V Trofeo de Judo Cidade de Santiago.


O trofeo correspondente co Campionato de España Junior, Fase Sector Oeste sub-21 masculino e feminino celebrarase a partir das 16:30 horas no pavillón municipal de Restollal.


Os mellores judokas de Cantabria, Castilla-León, Asturias e Galicia loitarán polas tres primeiras prazas de cada peso que dan acceso á Fase Final.


Máis información: www.fgjudo.com .