SUSPENDIDA TEMPORALMENTE A RESERVA ON LINE DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

martes, 5 Novembro, 2013

Debido a problemas informáticos, no día de hoxe non é posible realizar a xestión de reserva on line de polideportivos para a vindeira semana.
O servizo de informática do Concello está a traballar para resolver canto antes este problema. 
Pedimos disculpas polas molestias que esta transitoria situación lles poida ocasionar.