SUSPENDIDA A ACTIVIDADE NOS CAMPOS DE FÚTBOL E VARIOS PAVILLÓNS

venres, 7 Febreiro, 2014

A Comisión Escolar de Alertas, debido ao fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento, determinou a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos da provincia da Coruña a partir das 18 horas deste venres 7 de febreiro.


 


En consecuencia, e vistas as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxia e de MeteoGalicia,   o  Departamento de Deportes informa que  SE SUSPENDEN AS ACTIVIDADES DE TODOS OS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS.


 


A MAIORES, TAMÉN PERMANECERÁN PECHADOS OS SEGUINTES PAVILLÓNS POLIDEPORTIVOS MUNICIPAIS:


 


- LAMAS DE ABADE


- MONTE DOS POSTES


- APÓSTOL SANTIAGO


- QUIROGA PALACIOS


- VITE I (Colexio)


 


 


O resto dos pavillóns, en principio, manteñen a súa actividade ordinaria á espera de como evolucione o temporal.