SUSPENDIDA A ACTIVIDADE EN TODOS OS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS E NAS PISTAS DE ATLETISMO DO ESTADIO DE SAN LÁZARO

mércores, 14 Marzo, 2018

Debido á mala climatoloxía que temos no día de hoxe, mércores 14 de marzo, suspéndense as actividades de todos os campos de fútbol municipais e das Pistas de Atletismo do Estadio de San Lázaro. 

Os pavillóns polideportivos, en principio, manteñen a súa actividade ordinaria.