SUSPENDIDA A ACTIVIDADE DE TODOS OS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS E DO ESTADIO DE SAN LÁZARO

xoves, 16 Xaneiro, 2020

Debido á alerta laranxa decretada por Aemet para o día de hoxe, xoves 16 de xaneiro, suspéndense as actividades de todos os campos de fútbol municipais e do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (pistas de atletismo e ximnasio).

 

Os pavillóns polideportivos, nun principio, manteñen a súa actividade ordinaria.