SUSPÉNDESE, ATA SETEMBRO, A RESERVA DOS PAVILLÓNS POLIDEPORTIVOS PARA "USO LIBRE"

xoves, 4 Xullo, 2013

A partir do 12 de xullo pecharanse os pavillóns polideportivos municipais, polo que se suspende, ata setembro, a reserva para "uso libre" (partidos, xogos deportivos e práctica deportiva en xeral desenvolvida por persoas físicas e non profesionais).


A partir do martes día 3 de setembro volverán a estar operativas as tres modalidades de reserva:


- On-line, a través da páxina web


- Presencial, nas oficinas do Departamento de Deportes


- Telefonicamente, chamando ao 981 528 730