SORTEO PRAZAS CAMPAÑA DE INVERNO 2020 DEPUTACIÓN DA CORUÑA

venres, 13 Decembro, 2019

O Concello e Santiago dispón de 20 prazas para participar na Campaña de Inverno que a Deputación da Coruña organiza na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, na quenda do 31 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2020.

 

Rematado o prazo de inscrición, hai máis solicitudes ca o número de prazas que asignou a Deputación, polo que está previsto que se realice un sorteo público o luns 16 de decembro, ás 14 horas no Salón de Plenos do Concello.

 

O resultado do sorteo publicarase nesta web.